“Camiños”
Foi pegada a pegada…
Camiños
aboiando no ar…
Coma orballo…
Pouquiño a pouco
foron mollando
espazos desertos…
Baleiros…
Sementando lembranzas
dunha existencia esquecida…
Loita a loita…
Foron quen
de brincar a voar…
Foron quen
de facerse escoitar…
Camiños
aboiando no ar…
Coma orballo…
Mollando
espazos desertos,
baleiros…
Sementando…
Camiños
Coma orballo…
Mollando...
Sementando…
Sementando…
Camiños…
Foron quen
de brincar a voar…
(Xoanxo, 2019)