Solpor de outono

Posted on

Interpretado por Maite Taboada.

Solpor de outono…
Versos que agora esvaran  
entre beizos espidos de muller…

Ceibe da súa mudez…
Os seus berros furan o ar 
coma balas zoando nun silencio
no que tantas só puideron calar…

Ollos, agora orfos,
coa mirada perdida
procuran, sen atopar, 
un porqué aquela man de pai…
A mesma que nun tempo
tanto lle acariñou…
Aquela mesma man…
Agora asasina…
Arrebatoulle a súa nai…

Ceibe da súa mudez…
Os seus berros furan o ar 
coma balas zoando nun silencio
no que tantas só puideron calar…

Coas bágoas salgadas
nubrándolle os sentidos…
Sinte as rúas molladas bruar… 

Nin unha máis!!!
Nin unha máis!!!
Dicían…

Mentres nun solpor de outono…
Un poeta escrebe versos 
que agora esvaran  
entre beizos espidos de muller…

(Xoanxo, 2019)

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.